Bienvenido, Invitado
Nombre de Usuario: Contraseña: Recordarme

TEMA: PROPOSTAS OBRADOIROS ENCONTRO VERAN 2017

PROPOSTAS OBRADOIROS ENCONTRO VERAN 2017 1 año 7 meses antes #484

  • nat
  • Avatar de nat
  • DESCONECTADO
  • Navegador Junior
  • Mensajes: 20
  • Gracias recibidas 4
Como ben sabedes os encontros facémolos entre todxs, por iso se abre espazo, para que vos animedes e suxirades propostas de palestras ou obradoiros.

As persoa/s que fagan a proposta faranse cargo do obradoiro/palestra

Tendes que especificar:
-CONTIDO xeral do que vai tratar
-DURACIÓN aproximada
-HORARIO si entendedes que é mellor facelo pola mañá ou pola tarde
-MATERIAIS que precisades: se os podedes traer vos mellor. E se hai que conseguir algún material avisade con tempo

¡ANIMÁDEVOS QUE XA QUEDA POUCO PRA DISFRUTAR DO ENCONTRO!
El administrador ha desactivado la escritura pública.
Los siguientes usuarios han agradecido: Kylyan

PROPOSTAS OBRADOIROS ENCONTRO VERAN 2017 1 año 6 meses antes #486

  • Kylyan
  • Avatar de Kylyan
  • DESCONECTADO
  • Navegador Iniciado
  • Mensajes: 4
A ser posible, indicar tamén necesidades de espazo (en caso de habelas; p.e.: espazo coberto/ao aire libre, perto do río, á sombra/ao sol, etc.) e número aproximado/estimado/idóneo de participantes para a actividade proposta.
El administrador ha desactivado la escritura pública.

PROPOSTAS OBRADOIROS ENCONTRO VERAN 2017 1 año 6 meses antes #492

  • Kylyan
  • Avatar de Kylyan
  • DESCONECTADO
  • Navegador Iniciado
  • Mensajes: 4
Ola a todxs!

Levo semanas dándolle voltas á cabeza (sobre todo cando teño algún anaco de tempo libre, que non é que abunde agora mesmo) acerca de posibles actividades a propoñer para ir dotando de contido esta nova edición do Encontro. Fóronme xurdindo algunhas ideas e persoas que poderían desenvolvelas de xeito moi solvente. Non obstante, aínda teño que rematar de animalas para que confirmen a súa participación e as presenten a través deste foro, pois andan moi liadas con outras cousiñas que van xurdindo, con especial intensidade aquí en Compostela. Así que ata que non estea do todo confirmado pola súa banda, tampouco quero avanzar acontecementos.

Pola miña parte, eu tiña pendente xa doutras edicións aproveitar un espazo tan idóneo como son estes Encontros para presentar o meu proxecto de investigación conducente á miña tese de doutoramento, e que ten que ver moito precisamente con todas estas redes, iniciativas e proxectos que están a xurdir con cada vez máis forza por Galiza adiante ao redor da agroecoloxía e tamén do espazo de comunicación e rede de apoio mútuo que conforma O Rural Quere Xente. De feito, a miña intención última con esta presentación, ademáis de dar conta do que estou a facer, é realizar un chamamento a todas esas iniciativas que hai por aí espalladas e que poden coincidir este verán en Carrizáns para pedir a súa colaboración con este estudo, pois creo sinceramente que os seus resultados, e mesmo o seu propio proceso, pode redundar positivamente tanto nas mesmas iniciativas como en todo o conxunto que conformamos todas aquelas persoas e colectivos que entendemos o rural como un espazo de transformación social de primeira orde.

Así pois, en canto a contido, trataríase da presentación dun proxecto de investigación que, dende o campo da Educación Ambiental e tendo a Agroecoloxía como referente, busca estudar e visibilizar aquelas propostas que traballan a alimentación como eixo de sustentabilidade social e ambiental. A duración podería ser de entre media hora e unha hora, pero é unha actividade completamente adaptable ás necesidades de programación neste sentido. Tampoco hai preferencia dun horario específico. En canto a materiais, viña ben algún xeito de proxeción, pero non é indispensable, pódese arranxar con outro tipo de soporte tipo papel continuo e rotus ou mesmo sen nada. En canto espazo, preferiblemente á sombra e se poidese ser con algún tipo de soporte vertical (parede, árbore, o que sexa...). O número de participantes é indiferente, a canta máis xente chegue mellor.

Máis que nada deixo aquí a miña proposta para deixar constancia e tamén para ver se así se anima máis xente a comezar a propoñer ás súas achegas neste fío do foro ;)
El administrador ha desactivado la escritura pública.

PROPOSTAS OBRADOIROS ENCONTRO VERAN 2017 1 año 6 meses antes #493

  • Kylyan
  • Avatar de Kylyan
  • DESCONECTADO
  • Navegador Iniciado
  • Mensajes: 4
Por outra banda, aínda que é algo que podemos falar na xuntanza do vindeiro 17 de xuño, pensei nunha proposta que igual non encaixa tanto no formato de obradoiro, senón como unha actividade de ocio máis ben central no Encontro, para que a podamos compartir entre todxs. De todos xeitos, expóñoa agora aquí e se acaso xa o imos falando, tanto polo foro como na propia xuntanza.

A cuestión é que me fun da última reunión con dúas ideas rondándome a cabeza. A primeira é ao respecto do que se comentaba que as edicións de verán tiñan que ter un enfoque máis formativo e lúdico. A segunda é que se falou da cantina como espazo de lecer, que está moi ben e é necesario, pero quedeime coa sensación de que se podería incidir máis tamén dende outras perspectivas e fórmulas de lecer.

Todo isto fixo que me quedase durante días (o máis ben semanas) co ruxe ruxe de pensar acerca do modelo de ocio que se está a desenvolver nestes encontros, e que igual estaría ben explorar outras fórmulas que tamén nos podan animar a socializar e a coñecernos mellor entre nós, que en definitiva é a base de toda rede, pero tamén para afrontar ese reto -entre tantos- que xs "neorrurais" ou "retornadxs" ao rural temos por diante, que é ter espazos de socialización coa veciñanza.

Con isto na cabeza atopeime cunha posible resposta que creo podería ser interesante: os xogos tradicionais. A cousa é que fun aos xogos de primaveira organizados en Compos polos centros sociais, e viu á xente da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela e organizaron un despliegue alí moi potente: billarda, dous campos de chave, dous de bolos celtas, ra e moitos outros xogos máis. Aproveitei entón para preguntarlles a ver como funcionaban para ir aos sitios e tal, e me dixeron que para iniciativas sociais eles van onde lles chamen sempre que lles paguen o que gasten de combustible e lles dean de comer.

Sei que a fórmula non casa do todo ben coa filosofía dos encontros, que se constrúen coas achegas de todas as persoas participantes de xeito voluntario, pero creo que pode ser unha idea a valorar para dotar unha mañá ou unha tarde do Encontro dun espazo de lecer colectivo moi vinculado ao rural e que nos pode dar ferramentas de socialización moi interesantes, máis alá do que nos poda achegar o espazo de cantina.

Por se lle queredes ir botando un ollo e pensándoo, déixovos a ligazón da súa páxina de facebook: https://www.facebook.com/asociacionxogostradicionaisdecompostela

Se finalmente nos cunde tirar con isto para adiante, eu teño os seus contactos e non tería problema en ocuparme de xestionar o tema con eles unha vez pensásemos en cal das datas ubicar a actividade e tal.

Apertas e ata pronto!
El administrador ha desactivado la escritura pública.

PROPOSTAS OBRADOIROS ENCONTRO VERAN 2017 1 año 6 meses antes #494

  • Xaq
  • Avatar de Xaq
  • DESCONECTADO
  • Navegador Senior
  • Mensajes: 73
  • Gracias recibidas 12
Mellor falalo o 17 entre todos. A min paréceme ben estender a idea de que hai máis ocio alén da barra do bar. Pero nunca se pagou nin a gasofa nin nada, e eu creo que crearía unha especie de agravio comparativo facelo cunha xente e non con outra. De todos modos imos ter que darlle á cabeza co tema das actividades.
El administrador ha desactivado la escritura pública.
Moderadores: berzas
Tiempo de carga de la página: 0.582 segundos
Gracias a Foro Kunena