Podes poñerte en contacto connosco para recibir máis información, facer preguntas ou deixar suxerencias do que che pase polo maxín neste enderezo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.).

Se che presta compartir connosco este espazo e queres tomar parte na organización dos encontros, escribir no foro, publicitar eventos no calendario ou publicar artigos na páxina podes facer unha conta de usuarix, mandándonos un correo co teu nome de usuarix a (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) respostaremos o teu correo coa conta rexistrada e o contrasinal para poder entrar na páxina, logo podes cambiar o contrasinal dentro da configuración do perfil de usuarix.

E por último, temos unha rolda de correo electrónico na  que enviamos as convocatorias dos encontros e tamén podes enviar información á comunidade sobre tematicas que teñan que ver co rural, cursos, xornadas, etc... Se queres inscribirte, envía a solicitude a (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) e darémoste de alta na listaxe.

Lembra que esta rede é horizontal e autoxestionada, ao mellor tardamos un pouco en respostar, a razón principal é que imos despacio, porque queremos chegar lonxe... ☺