A cada momento son mais os lugares que fican avandonados. Casas e leiras son pasto das silveiras e o noso rural empobrécese ao mesmo tempo que a povoación se avellenta e finalmente desaparece. Mais esta situación non é casual. A agricultura e a gandeiria sufriron o embate das políticas ditadas pola Unión Europea e o grande capital, que lonxe de buscar dinamizar e facer do medio rural unha opción para os mozos e mozas, rurais ou non, no que desenvolver a sua atividade e as suas vidas, deseñaron todo un plano de destrucción e desmantelamento que nos leva à dificil situación actual.


Primeiro dixeron que tiñamos que ser mais “modern@s” e “profisionais” para competir en Europa e neste novo mundo globalizado. Que ademais tiñamos que ser mais grandes, que as pequenas explotacións que secularmente alimentaron este país e que foron graneiro e despensa de nacións veciñas e mesmo de ultramar non tiñan futuro. Dixeron  que ademais tiñamos que ser menos, e que os primeiros en desaparecer eran eses “pequenos” que ainda sobrevivian e que eran unha distorsión no novo modelo de “modernidade” que nos traia os ventos que sopraban desde Bruxelas, e o campo poria a tod@s ric@s, e os fillos e fillas dos labregos poderian estudar unha carreira e fuxir das miserias do campo…

http://xornadasrurais.files.wordpress.com/2014/02/angar_624215_0x0_justif.jpg