Benquerid@ amig@:

Temos o enorme pracer de apresentarche o IV encontro O Rural Quere Xente,iniciativa dirixida a toda a sociedade e especialmente às persoas preocupadas polo medio rural, pola ecoloxía e por unhas relacións sociais e económicas xustas na nosa  Terra. De feito, se recibes este correo é porque xa tes participado ou amosache o teu interese por esta iniciativa en rede que comezaba a súa andaina a primeiros do ano pasado [1] e que tras acumular forzas e ilusións en Ernes [2] e Paraños [3] dá un salto ao Sul do País, á aldea de Saumede, no concello d'A Bola (Ourense). Este encontro celebrarase os días 2, 3, 4 e 5 de xullo.

VALORACION DO IIº ENCONTRO “O RURAL QUERE XENTE”

Ola xente. Aínda  que xa pasaron uns días dende o remate do encontro, a cantidade de sentimentos, emociones, ideas… que me  percorre por dentro é tan grande que non sei se serei quen de poñer un pouquiño de orden

A atmosfera que entre todas creamos en Ernes durante este encontro púxome diante dos ollos o mundo onde eu quero vivir. Unha atmosfera na que se poida palpar a tenrura , o cariño e a colaboración entre a xente. Un mundo cheo de nen@s traves@s e xentes que se preocupen das persoas e da nai terra

Eu  levo 15 anos vivindo na Galiza, no rural, e moito me aprendeu esta terra e as súas xentes e de algún xeito estou en débeda con elas, e é dende aquí dende debo esforzarme para que esta atmosfera se expanda dende a ultima parroquia galega (polo leste) a todo o pais e todo o mundo        

O seguinte texto é unha reseña do obradoiro sobre compostos químicos das plantas que tivo lugar no marco do Encontro de Ernes, celebrado o pasado mes de xullo do 2014 en Negueira de Muñiz, Lugo. O seu autor é Roque do Ulló.

 

 

As xornadas en Ernes, a nivel persoal coido que foron unha experiencia moi enriquecedora tanto en coñecementos prácticos como noutras aprendizaxes. A paisaxe e os habitantes de Negueira e as formas que toma a natureza en torno a elas comprenden xa unha riqueza que me chegou moi fondamente. Gustaríame agraderlles a oportunidade que nos deron.

 

Se tivera que resaltar algúnhas das cousas que máis me chamaron a atención, sería que aprendín a traballar nun forno, cousa que tiña pendente, xa que gosto moito de cociñar e pasar un dia amasando empanadas e algo moi entretido para min. Tambén foi abraiante a ducha o aire libre coa vista da outra ladeira do monte. Nas asambleas deume unha sensación moi profunda, debíamos ser polo menos unha centena e decorreron bastante ben. Por último as mesas e os obradoiros servíronme tanto para reflexionar como para gañar coñecementos prácticos, así como para aportar o que puiden ás demáis.

Ó respecto do obradoiro que dinamizamos Xan de Foxo e máis eu, dicir que quedei moi satisfeito. Consistiu nun pequeno paseo polos camiños de Ernes, o lavadoiro... onde todas íamos falando das especies que nos atopábamos e de cómo funcionamos coas plantas en xeral. Tratei de transmitir ás compañeiras algúns conceptos de botánica e fisioloxía que resumo a continuación:

 

O seguinte texto é unha reseña do obradoiro sobre compostos químicos nas plantas que tivo lugar no marco do Encontro de Ernes, que se celebrou no mes de xullo do 2014 en Negueira de Muñiz, Lugo. A súa actora é Carolina.

 

 

Este foi un obradoiro no que participamos unhas 12 persoas, eu entre elas.

 

Comezou cunha breve introducción teórica, na que Roque e Xan compartiron xenerosamente o seu saber sobre plantas con tod@s nós. A continuación saimos a facer un roteiro polos camiños de Ernes, onde aprendemos a identificar algunhas plantas silvestres e cultivadas con diversos usos. Atopamos algunhas comestibles, coma os couselos e a acedera, e outras con usos medicinais, coma a nébeda, menta, xarxa ou herba de San Xoán. Para ampliar a información sobre as plantas que iamos atopando, facilitáronos varios documentos, como o Dioscórides, a guía de plantas silvestres comestibles de César Lema e unha guía de campo.