O sábado 22 e domingo 23 de febreiro leváronse a cabo con éxito as Xornadas “O agro galego pide xente”. Reunímonos sobre medio centenar de persoas vinculadas á terra, ás colectividades e á defensa do territorio.
 
CENTRO-de-EDUCACIÓN-MEDIOAMBIENTAL-“EIRA-da-XOANA”-Angeles-Castro-Dapena
Conversamos sobre un novo rural galego en loita e crecemento, máis vivo e alegre, recuperando vellos saberes e integrando novos. Un rural que semente autonomía para as persoas e propicie relacións máis humanas. Todo esto como alternativa ao modelo socioeconómico e cultural que nos ven imposto.
 
Tralas mesas de debate onde se espuxeron diferentes proxectos ubicados na Galiza, as conversas, a música e un bo xantar XURDIU A PROPOSTA DE FACER REDE E CHEGAR A MÁIS XENTE, ¿CÓMO?
 
Propoñemos comezar por menternos en contacto física e virtualmente:
 
1. Queremos volver a vernos, e plantexamos dúas formas: a primeira é reuníndonos o VINDEIRO 6 DE ABRIL dende as 10:30 da mañá. Poñeremos a disposición dos participantes un novo formulario de inscrición para esa reunión de traballo e mandarase un correo a nosa lista de contactos para quen queira participar e onde se especificará o lugar da reunión. Quen desexe participar e pense que non esta na lista de contactos, que mande un correo a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
 
O obxectivo desta reunión é traballar e desenrolar unha proposta de PORTAL WEB. Máis abaixo describimos un pouco máis a proposta xurdida. A xente interesada en colaborar nesta reunión de traballo e presentar propostas concretas pode envialas directamente ao correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.  Asunto do mail: Proposta WEB
 
2. A segunda ocasión para encontrarnos será no SEGUNDO ENCONTRO “O AGRO GALEGO PIDE XENTE”!! que terá lugar en XUÑO en NEGUEIRA DE MUÑIZ (A Fonsagrada, Lugo).
 
Si tedes ideas e aportacións para os contidos (obradoiros!, charlas!, debates!, outras actividades!, concertos!…) ide preparándoas que pronto faremos chegar unha nova convocatoria.
 
3. Por último pedirvos que aportedes contidos a http://xornadasrurais.wordpress.com para manternos en contacto tamén virtualmente: Artigos, convocatorias etc. Podedes envialos tamén a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. Asunto: Contido blog.
 
A PLATAFORMA WEB: DESCRIPCIÓN DA PROPOSTA DESENROLADA O DOMINGO
 
1. ¿A quen vai dirixida a web?
A persoas interersadas na ruralidade, na agricultura e outras actividades; persoas que vivan no campo ou queran vincularse a él dalgunha forma, persoas interesadas no rural galego, a colectivos ou cooperativas, a entidades que traballan no ámbito da sensibilización coa defensa do territorio e o patrimonio, …En definitiva, a persoas cunha sensibilidade cara a cuestión e que vexan importante conservar e defender ás persoas, o medio e o territorio.
 
2. Obxectivos e formato: 
 
2.1.- Compartir e difundir INFOMACIÓN E NOTICIAS DIVERSAS VINCULADA A RURALIDADE e AUTONOMÍA: Monte en man común, certificaciones participativas, Software libre, bioconstrucción, loitas ambientais, agroecoloxía etc…
 
2.2.,- APOIO A POBOADOR@S E REPOBOADOR@S:
        – Foros para compartir info temática, preguntas frecuentes ou non frecuentes…
        – Biblioteca virtual (wiki?)+
        – Mapeo de aldeas abandoadas e proxectos agro xa activos (posibilidade de empregar o mapeo xa en marcha de Arquipélagos)
 
2.3.- XERAR REDE e VISIBILIZARNOS:
– Linkar con outros proxectos, plataformas…
– Difundir CONVOCATORIAS e manter o contacto entre a actividade dos grupos
– A través dunha lista de proxectos (os que desexen figurar) ou a través do mapa.
 
2.4- APOIO MÚTUO:
Qué recursos temos para intercambiar? Coñecementos? Xerar un pequeno rexistro que nos sirva para intercambiar eses recursos, coñecementos…
 
3. ¿Cómo o faremos?
- Chamaremos á porta de colectivos que traballan neste ámbito e tamén contando con todas as persoas asistentes ás xornadas. Comparitremos un listado de contactos.
 
- Empregaremos mentres o blog xornadasrurais.wordpress
 
- O 5 de abril un grupo de compañeiros traerán unha proposta de estructura, deseño e contidos máis desenrolada. A esta reunión podemos levar tamén propostas definidas e un pouco elaboradas. Este día definiremos próximos pasos para vernos en Xuño en Negueira de Muñiz e seguir desenrolando propostas.
- Buscaremos un servidor para aloxala e temos que falar de si colectivamente asumimos o coste do dominio (15-30 euros) e máis cómo xestionaríamos a actualización e mantemento.
 
Unha aperta e vémonos pronto!