Un paso mais na construción da rede

 

QUE E O RURAL QUERE XENTE

O Rural Quere Xente pretende ser unha rede que busca o encontro entre as persoas que viven no rural, que queren vivir no rural ou que queren un rural vivo.

O Rural Quere Xente está a celebrar xa o sétimo dos seus encontros, que comezaron na Eira da Xoana e continuaron nos encontros de Ernes, Paraños, Saumede, Xixirín e Xestas. Proximamente, os dias 10, 11 e 12 de marzo, celebraremos un novo encontro en Bergondo, onde hai persoas con inquedanzas que apostan polo agroecolóxico e por outras formas de relación ca terra e entre as persoas. O obxectivo deste encontro é dar outro paso no proceso de construción da rede, vendo o camiño que anduvemos, os éxitos e os erros que cometemos, e cara a onde queremos continuar.

ORGANIZACIÓN

O equipo que está a preparar este encontro, formado por persoas que se sumaron á iniciativa en Xestas, está aberto a novas incorporacións. Se tes algunha proposta de actividade fáinolo saber para ver de incluíla no programa.

Para a organización do encontro temos unha liña de foro aberta na nosa páxina, www.oruralquerexente.net, na que podes participar.

INSCRICIÓN

Para te inscribires tes que enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando o teu nome, un telefono, cantas persoas adultas e cantas pequenas ides vir, que dias tedes pensado estar e de onde vides. Responderémosche con información máis detallada.

Esperamos contar ca túa presenza.

 

O equipo organizador do encontro.