Presentamos o VI encontro O Rural Quere Xente, iniciativa dirixida às persoas preocupadas polo medio rural, a ecoloxía e  unhas relacións sociais e económicas xustas na nosa Terra. Este encontro celebrarase os dias 7, 8, 9 e 10 de xullo en Xestas, Porto do Son. Segue a ler, anda!

 QUE É ESTA REDE?

Como probabelmente xá saberás, esta rede comezaba a súa andaina a no inverno de 2014  (https://www.oruralquerexente.
net/index.php/es/artigos/24-xornadas/9-cronica-das-xornadas-o-agro-galego-pide-xente) e tras acumular forzas e ilusións en Ernes (https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/artigos/24-xornadas/30-ii-encontro-ernes-xullo-2014),Paraños (https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/artigos/24-xornadas/32-programa-iii-xornadas-rurais), Saumede, e Xixirín, asomase agora á costa atlántica da comarca do Barbanza.

A idea deste Encontro é crear un tempo e un lugar propicios para que as persoas que estamos involucradas nas diferentes iniciativas que apostan por unha vida no medio rural poidamos atoparnos, coñecernos, saber uns das outras e ir tecendo unha rede de relacións de todo tipo entre nós. Como excusa ideamos un programa de actividades que segue aberto ata última hora para que poidamos presentar as nosas suxestións.


 QUERES PARTICIPAR NA ORGANIZACIÓN DO ENCONTRO?

 Como ves,os encontros facémolos entre tod@s, por eso podes participar activamente na elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do proprio Encontro. Se queres implicarte na organizacion sigue a liña do foro
https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/foros/general/70-encontro-veran-2016


 CÓMO ME INSCRIBO?

 É importante para organizar o encontro saber o número de persoas que se van a achegar. Se queres participar só tes que inscribirte contestando este correo, achegando os dados que aparecen ao final. A inscrición será de 5€, a aportar ao chegar ao Encontro, destinados a mercar a comida deses dias.


 QUERES ORGANIZAR UN OBRADOIRO?

 Ata o último momento pódese incorporar todo ou case todo, está aberto ás túas achegas. Nos encontros pasados andivemos por estos camiños: AGROECOLOXIA, AUTOXESTION, OUTRAS ESCOLAS, BIOCONSTRUCCION, OUTRAS RELACION ECONOMICAS, OUTRAS FORMAS DE RELACIONARNOS ENTRE NÓS.

 Se che apetece organizar algún obradoiro, podes facela túa achega pola liña de foro https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/foros/general/75-propostas-obradoiros-encontro-veran-xestas-2016
A persoa que o propón enténdese que se fará cargo de desenvolvelo, contando coa axuda da xente que organiza o encontro.

Se queres participar escribe un correo a (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), cubrindo este sinxelo formulario. 

Nome:
Email:
Teléfono:
Datas asistencia:
Procedencia: 
Asistes xoves7:
Asistes venres 8:
Asistes sábado 9: 
Asistes domingo 10: 
Número adult@s: 
Número crianças e idades:
Necesidades específicas:

Co obxectivo de facilitar que nos coñezamos e a relación entre nós, algo básico para facer rede, propoñémosvos ir adiantando traballo e encher estes campos suxeridos a modo de presentación.

De ónde ves?

Qué fas?

Inquedanzas?

 

Propostas?



Anímate, achégate e forma a rede!