-RESUMO DO OBRADOIRO “RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO PATRIARCADO
As aldeas e a vida nelas pode ser marabillosa, pero tamén é certo que a presión cultural e social fai
que desenvolvernos e disfrutar do que somos poida ter un prezo demasiado alto. É doado que este
prezo inclúa vivir situacións de desprezo e exclusión. Situacións nas que non podemos ser, nin
valorarnos. En demasiados casos o resultado é a depresión e en demasiados casos é deixar de vivir
no rural. Deixándonos un medio incompleto, sen diversidade e triste.
Propoñiamos abordar esta temática dende un obradoiro por varios motivos:
Non se trataba, nin podiamos, soltar charlas nin teses de sabios, nós non tiñamos nin idea.
Tiña que ser dinámico. Tiña que ser a xente quen o dotara de contidos.
Un obradoiro é un espazo de creación colectiva.


O noso obxectivo non podia ir máis aló de intentar xerar un ambiente de confianza e que a xente se
expresara; e a nosa expectativa que servira como detonante doutras iniciativas.
Xogar é a maneira máis divertida de aprender. Comezamos formando o círculo que nos acollía,
presentámonos, distendimos. Tocámonos, collémonos e sentamos sobre as pernas da que tiñamos
detrás (apoiámonos) sen rachar o circulo. Unha pequena introdución e comezaron a xurdir as
reflexións.
O seguinte texto é a colleita das reflexións xurdidas neste obradoiro en base ás anotacións que fixo
un pequeño grupo de persoas. Seguro que é incompleto, e este é un debate aberto no que temos que
profundizar, e iso é cousa de todas.
RESISTENCIAS E ALTERNATIVAS AO HETEROPATRIARCADO
A partir da conversa cun café sobre a homosexualidade no rural, propuxemos este obradoiro e
inmediatamente comezamos a recibir diversos conceptos sobre o heteropatriarcado que poderedes
atopar facilmente. No que dende tódalas opticas queda moi claro é que supón unha ferramenta de
dominación.
Dende o primeiro momento vemos que os cambios que se precisan para desmontar este sistema
teñen que darse a nivel individual, mudando actitudes, e a nivel social mudando actitudes colectivas
e incluso a legalidade. Temos o exemplo da lei de casamento, e vemos que é un pasiño na procura
da igualdade de dereitos entre as persoas, mais ten un compoñente perpetuador do sistema
heteropatriarcal, xa que consolida a sacrosanta institución da familia tradicional.
Falamos da transmisión cultural (aprendizaxe via xenética) que os dominadores saben utilizar en
contra de nós, da vida e das persoas.
Falamos da linguaxe, das palabras. Da importancia de ser conscientes de que crean realidades. É
algo artificial que o sistema sabe manexar mellor ca nós.
Vemos que os termos HOME e MULLER supoñen unha clasificación baseada na función social que
o sistema precisa. Que non e algo biolóxico.
Falamos da necesidade humana de sentir seguridade e confianza no medio social. Somos
vulnerables e o heteropatriarcado aprovéitao para manipularnos.
Falamos da necesidade de mudar actitudes que reproducen e perpetúan a situación.A única ferramenta que temos somos nós e a interacción entre nós. As nosas relacións.
A estratexia ten diferentes vertentes:
- Cambio de actitudes individuais. Desaprender, coaprendizaxes, intelixencia emocional...
- E a nivel colectivo:
Percorrer xuntas os camiños
Grupos de mulleres, grupos de homes, grupos de persoas.
Coñecemos os Micromachiños, a Nin vaca nin boi.
Somos menos vulnerables coa tribu-comunidade.
Cultura dos coidados, defender a terra, sustentar a vida.
Rede de constructoras de tribus.
Visualizar as tribus galegas.
Visitarnos, coñecernos, aprendernos.
Visibilizarnos para contaminar e extender a toda a sociedade a necesidade de rachar co que
tanto sufrimento produce.
Saúde, afectividade e liberdade.
Moitos bicos. Salva