VALORACION DO IIº ENCONTRO “O RURAL QUERE XENTE”

Ola xente. Aínda  que xa pasaron uns días dende o remate do encontro, a cantidade de sentimentos, emociones, ideas… que me  percorre por dentro é tan grande que non sei se serei quen de poñer un pouquiño de orden

A atmosfera que entre todas creamos en Ernes durante este encontro púxome diante dos ollos o mundo onde eu quero vivir. Unha atmosfera na que se poida palpar a tenrura , o cariño e a colaboración entre a xente. Un mundo cheo de nen@s traves@s e xentes que se preocupen das persoas e da nai terra

Eu  levo 15 anos vivindo na Galiza, no rural, e moito me aprendeu esta terra e as súas xentes e de algún xeito estou en débeda con elas, e é dende aquí dende debo esforzarme para que esta atmosfera se expanda dende a ultima parroquia galega (polo leste) a todo o pais e todo o mundo        

 

Cando comezamos a preparar o encontro ás xentes de Negueira  dábanos medo meternos nun lio demasiado gordo, que vira moita xente e que non formos capaces e que o resultado fora frustrante. Esta sensación foi transformándose  por unha banda en vertigo, según se acercaban as datas , e pola outra nos axudou no noso propio proceso de confianza e cooperación ( Outra das achegas que nos procurastes coa vosa presenza). O que nos temiamos ocorreu e viño moita xente,mais non fixo falta que foramos capaces, a calidez e a calidade da xente invadiron tódolos currunchos e as ganas de participar, de crear,de construír contaxiaron a todas dende o primeiro momento. ¿Cómo non vai ser bo o caldo con estes ingredientes? ¿Cómo non vai a           funcionar algo con xente así?

As teimas elixidas para as mesas e os obradoiros xurdiron nas primeiras xornadas “ O RURAL  QUERE XENTE” na Eira de Xoana e das achegas recibidas na preparación deste 2º encontro. Penso que non só son oportunos, son básicos e imprescindibles; falouse da educación, do coidado das persoas e da terra, dos conflitos, da vivenda, dos montes, do feminismo e da economía social,…

A tertulia da primeira noite, na que falamos da nosa historia en Negueira,foi moi potente.A presenza de Jose Ortiz, membro do grupo de persoas que puxo en marcha a primeira experiencia de vida en común no rural nestas terras alo polo ano 1978, permitiunos coñecer de primeira man a nosa historia e derribar mitos , e aportou experiencias e reflexións. As achegas de Dora (15 anos vivindo aquí), Isi (nado aquí fai 25 anos) e Sara (2 anos vivindo aquí) nos posibilitaron perspectivas distintas das que xurdiron reflexións moi interesantes sobre os conflitos e as relacións entre as persoas.

O formato e o tempo condicionaron a profundizacion nas teimas mais penso que aínda asi o nivel acadado é maía que satisfactorio, tanto nas mesas como nos obradoiros. Agora só falta poñernos a andar

Houbo actividades non programadas que xurdiron no propio encontro das que quero resaltar dúas en concreto que a meu parecer son sintomáticas:                                                                      O obradoiro de karate impartido por Guayen de 8 anos e que contou como publico coa mocidade do vale. O cariño e as ganas de pasalo ben favorecen o apoio e a valoración das persoas.

A  RAVE-LUCION: A xente xoven gardaba case en secreto o malévolo plan de escapar a noite do sábado ao concerto dun dos referentes ideolóxicos de moitas, Gatillazo (La Polla Records). Eu non sei que foi, pero de boas a primeiras montaron o que poderiamos chamar obradoiro practico de autoxestión da diversión. A sorte de que decidiran compartir a súa festa con nos achega dimensión ao encontro

  Aínda así hai cosas que se poden/deben mellorar.Entre as propostas estaba a feira de sementes.A dia de hoxe o intercambio e regalo de sementes e un dos mellores xeitos de loitar contra o actual sistema agrolimentar controlado por corporacións transnacionais e de desobediencia as leis internacionais que poñen a vida nas sucias mans dos intereses do capitalismo.

 Non foimos quen de desenvolver algunhas propostas: aprender danzas africanas, compartir a experiencia na escuelita zapatista. Manternos abertas e coñecer outras realidades axuda na toma de conciencia e procúranos perspectiva para nosa practica diaria.

Tamén hai teimas que bótanse de menos e que seguro non tardan moito en xurdir: diversidade afectivo sexual, saúde e autoxestión,…

As propostas da asemblea de conclusións son moi interesantes e depende do curro  de todas nos o seu desenvolvemento. A maiores do acordo para que o próximo encontro de verán sexa en Saumede (Celanova) as propostas de que me lembro (teño moi mala cabeza) e que se poden desenvolver a corto prazo son:

Manter a dinámica de dous encontros ao ano, verán e inverno.No deseño destes encontros, que loxicamente non serán iguais, canta mais xente participe mellor. Ide dando voltas a cachola.

A web a temos que encher de contidos para que sexa unha ferramenta util.

A organización de microencontros temáticos onde afondar no xa iniciado e por en marcha novos eidos e grupos de traballo

A articulación de micro redes nos pode facilitar o apoio entre nos e a posibilidade de influír no noso entorno. Crecer cara abaixo, cara o pequeno.

A elaboración de unidades didácticas é moi interesante e pode facilitar a incorporación  do rural que propoñemos á escola ou outros espazos.

Os mercados ecolóxicos que xa tedes en funcionamento  son actos políticos xa que pretenden transformar el marco de relaciones, e as feiras de sementes son desobediencia. Isto chamase acción directa

Temos que facer unha valoración positiva do acontecido coa ultima proposta presentada, a que facía referencia a posibilidade de aprobar unha declaración final do encontro. Fixo visibles algunhas das dificultades que atopamos e atoparemos no camiño. A análise e a reflexión sobre estas dificultades nos axudara a transformarllas en capacidades. Neste senso achego texto aparte

Resulta gracioso, o meu desexo era que este encontro fora un detonante, agora síntome como se fora o big bang. A nivel persoal supón tantas cousas. Recuperei moito de min , aprendín tanto  de vos, vivín tantas emocións e tan intensas que necesito tempo para dixerir.

O que sí vexo claro e que aínda tendo moitísimo que aprender somos moitas e con moitas capacidades, que sabemos o que queremos, e que temos a fortaleza da diversidade, e nas nosas mans as mellores ferramentas para afundir o capitalismo: CREATIVIDADE e COOPRACION.

Bicos, apertas, saúde, terra e liberdade.

                                                 Salva.

                                                                                                                                                             Xullo do 2014

Ola xente. Esta é a miña achega sobre o ultimo punto da asemblea de conclusións do 2º encontro/xornadas “ O RURAL QUERE XENTE”.

Con este escrito só pretendo achegar unha pequena análise para a reflexión e o debate sobre as moitas dificultades, tanto propias como alleas, con que nos atopamos e atoparemos, como persoas e colectivos “revolucionarios”, na procura de cambios cara a unha sociedade mais equitativa e solidaria.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                            

O vivido no encontro, tanta enerxía, pode axudarnos a tomar conciencia do moito que temos en común xentes tan diversas e das capacidades e ferramentas que xa temos e das que podemos  xerar. Mais tamén pode ter un efecto perverso se se converte en un espazo para a autofirmación que só sirva para que nos sintamos as mais listas?, militantes?, guais?, do noso curruncho?,burbulla?, gueto?, e non sexa util para mudar este sitema inhumano.

Esra preocupación xurde da análise  das grandezas (poucas) e das miserias (moitas) dos “movementos” antagonistas ao capitalismo dende a transición,  en base aos logros e avances   acadados. Estas “miserias” o dificultades propias e compartidas, as vivin e reproducin como o que mais e por eso penso que sen análise e autocritica, da de verdade, non é dificil repetir procesos clasicos (creación/crecemento/desintegración) vistos en tantas coordinadoras e plataformas sen logros significativos en canto a mudar o sistema ao longo dos derradeiros 40 anos.

  A análise despersonalizada e intentando evitar a carga emocional do momento, ( obxetiva ) axúdanos a descubrir e superar esta dificultades; para este exercicio propoño tomar o ultimo momento da asemblea de conclusións do 2º ENCONTRO ”O RURAL QUERE XENTE” celebrado en ERNES (Negueira   de Muñiz) en  xullo de 2014.

O feito é: Alguén fai a proposta de que o seguinte texto sexa debatido de cara a aprobar unha declaración final do encontro:

             TEXTO

Practicamente non se debate e nos vamos todas a xantar

¿Que razóns pode haber para que xente capaz de construír un encontro como este non poda chegar a un acordo?  

NON PODEMOS ENTENDERNOS, ESTAMOS CANSADAS

Ben sexa por exceso de carga temática, demasiados obradoiros e mesas, porque son moitos días e se arrastra o cansazo, ou por facer a festa a noite previa a asemblea de conclusións, a solución pode estar no mesmo momento do deseño do programa dos encontros e xornadas.

NON SABEMOS ENTENDERNOS

As dificultades na comunicación as podemos/debemos traballar a todos os niveis e por parte de todas.Tanto á hora de facer as propostas como á de recibilas podemos mellorar actitudes e habilidades e como grupo cultivar a confianza e a cooperación

NON QUEREMOS ENTENDERNOS

Para poder chegar a acordos e necesario unha actitude mais o menos aberta e receptiva que facilite a reflexión e o debate construtivo. As veces, as relacións que mantemos con nosas IDEOLOXIAS ( cada unha a súa ) e/ou con nosos GRUPOS ( no que cada unha traballa ) pode condicionar actitudes e incluso inhibir o propio desexo de entendernos.

Somos activas e criticas e por iso moitas traballamos, militamos, ou apoiamos a distintas organizacións políticas, sindicais, sociais, etc, e como humanas que somos aféctannos os conflitos que existan entre elas.   

Neste senso e moi importante que sexamos conscientes e sinceras.

      Para outro momento queda a interesante análise de cómo lles facemos o favor, as veces inconscientemente, aos xestores e ao propio sistema, reproducindo os seus mecanismos de perpetuación,  que pola súa banda válelle todo para desmobilizar a xente, e invisibilizar e destruír calquera alternativa.

     O capitalismo non coñece limites e se alimenta da vida das persoas e da natureza. Para mudar as cousas de unha en unha non imos a ningunha parte, xuntas xa veremos. Quedo como conclusión con a idea de que é necesario educarnos neste senso.

Bicos, saúde, terra e liberdade.

                          Salva