Úa vez máis xuntámonos para celebrar el noso encontro de verao. Esta vez foi en Carrizáns, nel concello pontevedrés d’A Lama. Levábamos xa a experiencia dos que se fixeran antes en Ernes, Paraños, Saumede, Xixirín, Xestas e Bergondo. Vimos caras coñecidas, coñecimos caras novas e fixemos nosa úa fermosa carballeira á beira del río Verdugo, que convertemos na nosa cova tribal durante us poucos días.

Houbo actividades, claro. Sempre as hai. Houbo palestras tambén. Presentáronse proxectos postos en marcha por xente da nosa. Pero todas estas cousas, alén da súa utilidade, serven pra ir creando un sentimento de comunidade e con esa intención se faen. A rede continúa tecéndose.

 



Manu levounos buscar plantas silvestres comestibles. Leonor falounos de herbas medicinais. Marie fixo cos pícaros úa serie de composiciois con follas, canas, musgos e liques. A xente da asociación de xogos tradicionais de Pontevedra aprendeunos a xogar á billarda. Axudamos a amañar el local da asociación La Semilla. Fomos moer trigo al muíño de Jurgen. Fixemos biodanza. Aprendemos a regueifar. Bañámonos nel río e estivemos buscando lontras, sen moita sorte. Tambén houbo música, claro.

Kylian falounos del seu proxecto de investigación sobre el movemento agroecolóxico como referente pra construír a educación para úa alimentación sustentable. Carmela explicounos como funciona el Bisonte de Maariz, úa casa aberta nel Camiño Primitivo que se mantén a donativos. A xente da fundación Sen Esquencer falounos del seu traballo en temas relacionados ca exclusión social nun entorno rural. Con Uxío falamos das criminalizaciois e represiois que sufren os movementos sociais. Salva contounos como vai andando el proxecto da escolía de Vilar. Mario falounos das moedas sociais.

A valoración que eu fago deste encontro é moi boa. Os motivos son varios.

Por un lado el ambiente que se creou foi especialmente tranquilo e moi harmonioso. Non houbo apuros destacables nel proceso de preparación, as quendas de traballo foron facéndose, a cociña parecía que marchaba soa, el respecto al lugar foi escrupuloso. Houbo pouca tensión e moita paz, e comida e bebida abondas. Vivimos momentos moi especiais a carón del lume, con contos, canciois e conversas etílicamente interminables. Ata as estrelas brillaban con máis alegría.

Pero por outra banda veu pouca xente, menos da que se esperaba nun lugar tan próximo á área metropolitana das rías del sur. Por un lado foi un alivio, por outro úa decepción. Valeunos pra decatarnos de que algo estabamos facendo mal, que a nosa idea inicial do que debería ser O Rural Quere Xente non se está facendo realidade. A participación noutros encontros foi moito maior do que esperábamos, e iso danos a entender que hai úa necesidade real de que nel agónico mundo da aldea se movan as cousas, pero que se movan con novos criterios. Pero o certo é que non soubemos darlle ese contido á rede, estivemos demasiado centrados en organizar encontros pensados pra atraer xente, cun bonito cartel e un programa sedutor. Entramos nel mercado de tempo libre.

Úa das cousas boas de fracasar é que se che presenta a ocasión de parar a pensar o que fixeches mal. E pra iso xuntámonos un día en Xestas e empezamos a cismar sobre como faelo mellor. Basicamente a pregunta que nos facemos é que cousa debe ser O Rural Quere Xente. Saíron xa bastantes ideas, pero decidiuse faer unha xuntanza desas que están pensadas pra decidir pra onde lle damos volta al timón. Temos un lugar estupendo pra xuntarnos, a casa da xente de Sen Esquencer, e xa que nos abren as portas veremos de serlles útiles tambén a eles botándolles unha man no que necesiten. Será en Portomouro el 16 de setembro e está invitada calquera persoa que queira vir. Traede cousas ricas pra comer e beber, estou de aniversario.

Vémonos alí.

 

VIII ENCONTRO O RURAL QUERE XENTE (Carrizáns, A Lama; xullo 2017) - PROGRAMACIÓN XERAL PROVISIONAL

 

 

XOVES 6

VENRES 7

SÁBADO 8

DOMINGO 9

 

Espertares

9:00

ESPAZO COMESTIBLES

9:30

ALMORZO

10:00 – 13:00

ESPAZO DESTREZAS

ESPAZO SAÚDE e COIDADOS

13:00

PRAZA DE INICIATIVAS E PROXECTOS

14:00

XANTAR

 

DESCANSO E DISTENSIÓN

16:30 – 19:00

ESPAZO REDES e OUTRAS ECONOMÍAS

DESPEDIDA E PECHE

ESPAZO LIBERDADES

 

19:00

LECER: XOGOS POPULARES

ASEMBLEA XERAL

 

21:00

POSTA EN COMÚN

 

21:30

CEA

 

 

LECER

 

 

VIII ENCONTRO O RURAL QUERE XENTE (Carrizáns, A Lama; xullo 2017) - ESPAZOS

 

COMESTIBLES

 

DESTREZAS

Elaboración de bebidas en base a cereais e froitos secos

 

Afiado de ferramentas e motoserra

Elaboración de queixo fresco

 

(Bio)construción: obras na casa de Lucas (proxecto anfitrión da VIII Edición d’ORQX): tellado, paredes de adobe e baño en seco

Recolección de plantas silvestres comestibles

 

Colaboración na rehabilitación dunha sala do local da Asociación La Semilla (proxecto anfitrión da VIII Edición d’ORQX)

Muiñada no muíño de Jurguen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÚDE e COIDADOS

 

REDES e OUTRAS ECONOMÍAS

“Agora soRrio porque si” (autorregulamento das emocións saudables para o benestar e gozo)

 

Decrecemento e economía do medio rural

Ruta de plantas medicinais

 

Fortalecer vínculos e sinerxías entre movementos rurais e urbanos

Elaboración artesanal de menciñas con plantas, cortizas, raíces e flores

 

Experiencia de aloxamento a donativo á beira do Camiño de Santiago

Biodanza, saúde e coidado do corpo

 

Proxecto de investigación sobre o movemento agroecolóxico na Galiza como referente para construír a educación para unha alimentación sustentable

 

 

Dinamización da web d’ORQX: publicar artigos, eventos, mensaxes...

 

 

Proxectos integrais e moeda social

 

 

 

 

LIBERDADES

 

XOGOS POPULARES E TEMPOS DE LECER

Vulnerabilidade xurídica nos contextos rurais

 

Billarda e outros xogos tradicionais

Cadeas e medio rural

 

Fútbol gaélico: deporte popular e mixto

Criminalización e represión dos movementos sociais

 

Regueifas

Cando a LGTBIfobia e a ruralfobia se dan a man

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os espazos aínda están por completar coas propostas de obradoiros ou temas de diálogo que podedes seguir enviando a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou deixar no foro correspondente da páxina web d’O Rural Quere Xente e que podedes atopar seguindo a seguinte ligazón: https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/foros/general/90-propostas-obradoiros-encontro-veran-2017

 

Pódense enviar propostas aínda que en principio non teñan demasiado acomodo nos espazos propostos, xa que estes son orientativos e poden reconfigurarse segundo as propostas coas que se conte finalmente.

 

VIII ENCONTRO O RURAL QUERE XENTE (Carrizáns, A Lama; xullo 2017) - PRAZA DE INICIATIVAS E PROXECTOS

 

Nesta VIII edición dos encontros O Rural Quere Xente estréase un novo espazo para o recoñecemento e difusión de iniciativas e proxectos. Trátase dunha praza central en torno á cal se distribuirán os espazos do encontro e na que se poderán presentar distintas propostas cada día na hora anterior ao xantar. Esta praza conformarase como un conxunto circular de puntos de información e un pedestal central dende o cal se poderá ir presentando ao resto de participantes cada iniciativa. O transporte e colocación do posto ou punto e material de información no formato que se estime oportuno correrá a cargo de cada iniciativa que se queira presentar.

 

Cómpre aclarar que esta praza non é un espazo para a venta de produtos, senón para a información e a visibilización.

 

Para poñer un posto na praza, é necesario escribir con anticipación a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e achegar información básica do que se quere presentar e en cal ou cales dos catro días da xornadas se prefire facelo.

 

 

Vam lá tres anos e meio desde que ORQX nascia no marco das Jornadas Rurais na Eira da Xoana, em Ramil, Agolada. Desde aquele primeiro encontro que nom pretendia mais que gerar um espaço de convivio e intercámbio de experiéncias para aquelas pessoas que habitualmente quadravamos em feiras e mercados autogeridos, preocupadas pola ecologia, o coidado das pessoas, um outro modelo económico... até hoje, sucederom-se outras seis citas espalhadas por toda a geografia da Galiza. Aqueles dous dias de fevereiro em Ramil saimos com a ilussom e o convencimento de que eramos moitas mais, mais fortes, mais unidas, mais vivas do que o dia em que chegamos; hoje ainda estamos mais certas: acordamos iniciar um funcionamento em rede, horizontal, aberto e assemblear, que rematou traspassando o espaço "virtual" da rede para trasformar-se numha comunidade errante, dinámica, alegre, comprometida, consciente, combativa e pronta a tomar qualquer curruncho do País para converté-lo ao menos durante uns dias no epicentro dum novo rural que já nom é um sonho porque somos, estamos... o nosso já é umha realidade.

Os Encontros de ORQX som um meio para debuxar o rural que gostariamos de habitar. Som um meio para aprendermos a conviver. Som um meio para conhecer melhor a nossa realidade. Som um meio para dotarmo-nos de ferramentas face a nossa autosuficiéncia. Mas som também um fim em sim mesmos, som o espaço e o tempo com o que nos agasalhamos duas vezes ao ano para sentir o pulso da Terra, o calor do comum, o lume da tribo, umha breve mas intensa creva espaço-temporal para demostrarmos que somos capaces de viver dumha outra maneira ao ditado do sistema.

Com este caminho andado e com moito ainda por andar chegamos ao VIII Encontro, que vai celebrar-se este vrao, entre o 6 e o 9 de julho em Carrizans, A Lama. Desde já podes somar-te. Se é a primeira vez que chegas a nós deveras saber que os Encontros organizamo-los entre todas: os contidos, os trabalhos preparatórios, a intendéncia, programaçom... som o resultado do trabalho em comum das inscritas: a participaçom é activa, desde o momento que formalices a inscripçom és cúmplice dos nossos sonhos de rebeldia e a tua aportaçom nom só é bem-vinda senom necesária.

Para inscrever-te tés que fazé-lo a traves do correio Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando: nome, de onde vés, quantas pessoas venhem contigo e quais som crianças, os dias que vas vir, e se tés algumha proposta de obradoiro. Em pouco tempo receverás um correio com mais informaçom e todas as ferramentas necesárias para a participaçom activa no encontro desde já.

Convidamos-te a que dés um paseio pola nossa web (www.oruralquerexente.net), na que ademais poderás atopar referéncias aos Encontros anteriores, e assim ir fazendo-te umha ideia do que te aguarda...vemo-nos em Carrizans!

A partir do martes 7 de marzo haberá xente traballando nos preparativos, se vos animades a vir todas as mans son poucas.

VENRES 10        

Durante o dia daremos os últimos toques ao espazo.

  • Acollida.
  • 20,00 Benvida da comunidade do lugar. Presentación do encontro, das dinámicas, organización do encontro, elaboración do programa definitivo.
  • 21,30     Cea.
  • 10,30 Tertulia. Proxectaremos unha conferencia de Carlos Taibo sobre o colapso civilizatorio. Lecer e durmir.

SÁBADO 11       

  • 9,00      Almorzo.
  • 10,30    Posta en común de análises, linas de  traballo e obxectivos para a rede.
  • 12,30    Pausa café.
  • 13,00    Espazo de mostras no claustro.
  • 14,30    Xantar.

Sestas, tertulias, presentacións, paseos.

  • 16,30    Elaboración colectiva de propostas de organización para a rede.
  • 18,30    Pausa merenda.
  • 19,30    Obradoiro de regueifa.
  • 21,30    Cea.
  • 23,00    Festa, queimada, musica e baile.

DOMINGO 12    10,00     Almorzo

  • 11,00    Xogos cooperativos… e outros obradoiros.
  • 13,00    Lectura e aprobación da acta. Peche.
  • 14,30    Xantar.

Se queres propoñer algún obradoiro ou actividade ponte en contacto para coordinarnos e ver de cubrir necesidades.

Un paso mais na construción da rede

 

QUE E O RURAL QUERE XENTE

O Rural Quere Xente pretende ser unha rede que busca o encontro entre as persoas que viven no rural, que queren vivir no rural ou que queren un rural vivo.

O Rural Quere Xente está a celebrar xa o sétimo dos seus encontros, que comezaron na Eira da Xoana e continuaron nos encontros de Ernes, Paraños, Saumede, Xixirín e Xestas. Proximamente, os dias 10, 11 e 12 de marzo, celebraremos un novo encontro en Bergondo, onde hai persoas con inquedanzas que apostan polo agroecolóxico e por outras formas de relación ca terra e entre as persoas. O obxectivo deste encontro é dar outro paso no proceso de construción da rede, vendo o camiño que anduvemos, os éxitos e os erros que cometemos, e cara a onde queremos continuar.

ORGANIZACIÓN

O equipo que está a preparar este encontro, formado por persoas que se sumaron á iniciativa en Xestas, está aberto a novas incorporacións. Se tes algunha proposta de actividade fáinolo saber para ver de incluíla no programa.

Para a organización do encontro temos unha liña de foro aberta na nosa páxina, www.oruralquerexente.net, na que podes participar.

INSCRICIÓN

Para te inscribires tes que enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. indicando o teu nome, un telefono, cantas persoas adultas e cantas pequenas ides vir, que dias tedes pensado estar e de onde vides. Responderémosche con información máis detallada.

Esperamos contar ca túa presenza.

 

O equipo organizador do encontro.