Benquerid@ amig@:

Temos o enorme pracer de apresentarche o IV encontro O Rural Quere Xente,iniciativa dirixida a toda a sociedade e especialmente às persoas preocupadas polo medio rural, pola ecoloxía e por unhas relacións sociais e económicas xustas na nosa  Terra. De feito, se recibes este correo é porque xa tes participado ou amosache o teu interese por esta iniciativa en rede que comezaba a súa andaina a primeiros do ano pasado [1] e que tras acumular forzas e ilusións en Ernes [2] e Paraños [3] dá un salto ao Sul do País, á aldea de Saumede, no concello d'A Bola (Ourense). Este encontro celebrarase os días 2, 3, 4 e 5 de xullo.

En breve recibirás información de cómo anotarte e, sobre todo, cómo participar activamente na elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do proprio Encontro.

A continuación tés unhas liñas xerais do que serán os temas e obradoiros a desenvolver. Este programa está aberto às túas achegas e propostas a través das ferramentas que che faremos chegar xunto co resto da información.


PROGRAMA PROVISIONAL IV ENCONTRO O RURAL QUERE XENTE

EDUCACIÓN: as outras escolas, diferentes iniciativas educativas na Galiza.
AGROECOLOXÍA: Autocertificación, SPG, obradoiros de horta, nova normativa de
venda directa nos mercados, mercados agroecolóxicos .
DIVERSIDADE: resistencia e alternativas ó heteropatriarcado .
MONTES COMUNAIS: proxectos agroecolóxicos .
TTIP: cómo inflúe nas nosas vidas .
DECRECEMENTO E MOEDA SOCIAL: outras relacións económicas.
OBRADOIROS: bioconstrución, mantemento de ferramentas, danza africana, danzas
do mundo etc.
ACTUACIÓNS MUSICAIS, DE TEATRO ETC.

Os encontros facémolos entre tod@s, por eso podes participar activamente na
elaboración, posta en marcha e desenvolvemento do proprio Encontro. O programa
está aberto às túas achegas e propostas a través desta ligazón [4].
Aquí [5] tes a ligazón á páxina onde podes ver o cartaz e o formulario para inscribirte.
A incrición será de 5 euros para sufragar os gastos. Ademáis da achega económica
podes contribuir con produtos da túa horta.

No foro da nosa páxina [6] podes participar na organización ou plantexar as túas
consultas.
Umha aperta e vémonos en Saumede.
O Rural Quere Xente.

[1]
https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/artigos/24-xornadas/9-
cronica-das-xornadas-o-agro-galego-pide-xente

[2]
https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/artigos/24-xornadas/30-ii-
encontro-ernes-xullo-2014
[3]
https://www.oruralquerexente.net/index.php/es/artigos/24-xornadas/32-
programa-iii-xornadas-rurais
[4] https://www.ethercalc.org/upftd02g58
[5] https://xornadasrurais.wordpress.com
[6] https://www.oruralquerexente.net

 

Saumede2015